OurenseÚltima hora

Convenio entre a CHMS e o Concello de Verea para mellorar a depuración e saneamento do municipio

O investimento necesario estímase nuns 300.000 Euros, incluíndo o custo de redacción do Proxecto, a execución do contrato de obras, así como a dirección facultativa do mesmo

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), e José Antonio Pérez Valado, alcalde de Verea, rubricaron o Protocolo de colaboración a través do que se adquire o compromiso para o financiamento, execución e entrega das actuacións mellora do sistema de saneamento e depuración do municipio ourensán de Verea.

Neste momento existen 34 fosas sépticas conectadas aos seus respectivos sistemas cuxa situación técnica e administrativa é diversa; algunhas non contan con autorización de vertedura, outras dispoñen da mesma pero esta non se cumpre, ademais de problemas de funcionamento que provocan problemas de contaminación do medio acuático.

A colaboración da CHMS sería a adecuación, mellora e limpeza do sistema actual, a través da identificación dos problemas principais de cada fosa e a redacción do proxecto resolva a situación, ademais da execución das melloras necesarias para a correcta depuración das verteduras, que permitan a regularización administrativa do sistema.

O investimento necesario estímase nuns 300.000 Euros, incluíndo o custo de redacción do Proxecto, a execución do contrato de obras, así como a dirección facultativa do mesmo.

Artigos relacionados

Back to top button