A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Convenio entre o Concello da Rúa e a Consellería de Medio Ambiente para acondicionar 5 rúas

A actuación inclúese no Plan Hurbe e suporá un investimento de 542.000 euros (o 70% aportados pola Xunta e o 30% polo Concello)

 

Durante visita que a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; realizaba esta mañá á Rúa procedíase a realizar a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e o seu departamento de cara a realizar obras de acondicionamento de 5 rúas desta vila, no barrio da Estación.

Neste caso concreto, as obras están enfocadas a renovar as redes de saneamento, ao soterramento do alumeado público, á instalación de redes de pluviais e de gas natural e á creación de beirarrúas para favorecer o tránsito peonil nas zonas máis céntricas do concello. Concretamente, nas rúas Doutor Vila, Silveira, Benito Fernández e Miguel de Cervantes. En total, unha actuación que abranguerá 3147 metros cadrados.

“Foron meses intensos, primeiro houbo unha visión xeral do que se pretende para A Rúa e logo, como o diñeiro e os recursos son limitados, empezamos a priorizar. Fomos da man do alcalde e cría que 5 das rúas eran as que tiñan que formar parte deste primeiro proxecto Hurbe”, comentaba a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que estaba acompañada polo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

 

 

Trátase dun convenio para actuar en 5 rúas e suporá un investimento de 542.000 euros. “Este é un proxecto que foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado xoves, e que facemos realidade hoxe coa sinatura. A partir de aí xa comezamos a licitación para que se presenten as empresas.
entre 6 e 8 meses a duración das obras”, concretaba Ángeles Vázquez. A actuación farase a través do Plan Urbe, o que suporá que Medio Ambiente aportará o 70% do orzamento e o 30% restante será achegado polo Concello da Rúa.

 

 

 

 

“Un dos obxectivos prioritarios é humanizar, facer máis accesible esa accesibilidade universal que reclamamos os ciadáns, necesitamos priorizar ao peón e darlle a seguridade suficiente e, por suposto os servizos. Non se trata dun lavado de cara, imos ata as entrañas. Queremos felicitaros por renovar o soterramento dos cableados, os abastecemento, que teñan servizo con gas natural as rúas que non o tiñan e actuar en ese ámbito que son 3.147 m2”, indicaba a conselleira.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button