Despois do centenario de “O sombreiro de Tres Picos”, e con motivo da conmemoración do centenario do I Festival de Cante Jondo, MEZZOFORTE 111 S.L., presenta na clausura da XIV Mostra de Cinema Documental Iberoamericano de Cádiz o 16 de setembro unhas conversas co coreógrafo Lorca Massine, fillo do recoñecido Leónidas Massine e creador da coreografía orixinal do devandito ballet, tras a súa última posta en pé.
Este documento ten sido realizado pola pianista Rosa Torres-Pardo e pola actriz Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río). Neste traballo Lorca Massine compartirá anécdotas e detalles da súa creación. A continuación poderase escoitar unha peza inédita interpretada ao piano por Rosa Torres-Pardo e cantada polo cantaor Israel Fernández como mostra da continuidade daquela escola e como anticipo da próxima película que Torres-Pardo dirixirá con Álvarez cuxo título será “Amores Bruxos”.
Esta iniciativa conta coa colaboración de Acción Cultural (AC/E) e a Compañía Nacional de Danza. A cita terá lugar o vindeiro venres 16 de setembro no Centro Fundación Unicaja de Cádiz ás 19:00 h. Este documento será accesible, como adoita facer esta produtora, para persoas xordas