A actriz e directora Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río), vén de ser distinguida co Premio Accesibilidade 2023 por “contribuír á accesibilidade para as persoas con perda auditiva, usuarias ou non de implante coclear a través da súa inclusión nas obras que ela crea ou produce, así como por fundar o equipo 100% feminino de MEZZOFORTE 111. Unha produtora inclusiva, que pretende eliminar barreiras de comunicación permitindo a inclusión do noso colectivo en calquera situación social, especialmente no lecer, a arte e o teatro; a través do subtitulado inclusivo, non sendo calquera subtítulo que poida facer un programa, senón seguindo unha formación específica nun arquivo audiovisual de alta calidade”, tal e como destacan os promotores dos premio.
Lucía Álvarez recibirá o vindeiro 25 de novembro este recoñecemento na XXVI gala de entrega de Premios AICE (Asociación de Implantados Cloceares de España), promovidos polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Celebrarase no Hotel Catalonia Praza de Barcelona.
Lucía Álvarez é a primeira persoa do mundo das artes en recibir este galardón.O premio será entregado por Don Carles Campuzano, Conseller do Drets Socials, da Generalitat de Catalunya.