ConcellosÚltima hora

Convócase o IV Concurso de carteis da Festa das Covas de Vilamartín

Poderán presentarse traballos ata o vindeiro 1 de xuño

Unha das covas de Vilamartín onde se celebra a festa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A organización da XXIV Festa das Covas de Vilamartín vén de convocar o IV Concurso de carteis desta celebración, que ten lugar cada ano o primeiro sábado de agosto. “A temática será libre, pero gustaríanos que se reflexara dalgunha forma o mundo do viño, das covas ou da Festa das Covas. Só se usará, o cartel ganador podendo os demais presentarse a outros concursos”, aseguran os organizadores.

A data límite para presentar traballos é o 1 de xuño. O ganador levara 2 entradas para a XXIV Festa das Covas, unha estadía no Hotel Paladium e unha cea para dúas personas no Hotel Calzada.

O premio será fallado polos miembros da directiva da Asociación de Coveiros, que agradece de antemán a colaboración e anima á participación no concurso.

“As fotografías debuxos, etc. que queirades presentar a concurso pódense entregar por calquera medio físico ou dixital a calquera miembro da directiva. Se se presenta, por medios dixitais lembrade que vos confirmemos a recepción”, informan dende a asociación.

Máis información:

Página de Facebook Vilamartín Festa das Covas. Email feasferrer@gmail.com. Whatssapp 666763147.

 

Artigos relacionados

Back to top button