DeportesSen categorizar

Copa e Campionato Galego de Escalada en Bloque, en Lugo e Vigo

A primeira das probas será o 31 de maio na cidade lucense
Cartaz desta competición galega.
Cartaz desta competición galega.

Lugo e Vigo converteranse en escenario da Copa e Campionato Galego de Escalada en Bloque 2014, cuxas inscricións veñen de abrirse por parte da Federación Galega de Montañismo (FGM). Así, a primeira das Copas terá lugar na cidade das murallas o vindeiro 31 de maio (as inscricións serán a través dos clubes O Veral ou Cumio), mentres que a segunda proba celebrarase o día 7 de xuño en Vigo (inscricións a través dos clubes Azimut e Alud).

Nestas citas haberá unha única categoría de competidores, a absoluta, dividida en masculina e feminina. “Poderase inscribir na competición todo aquel que estea federado no ano en curso e teña coberta a modalidade de escalada. O prezo da inscrición é de 10 euros para cada proba. Prezo único, dende a apertura da inscrición ata o día da competición”, segundo se informa dende a federación.

Asemade aqueles deportistas non federados que desexen participar nesta competición poderán “facelo inscribíndose como data final o xoves anterior ao día de cada proba. O prezo da inscrición é de 10 euros para Federados e 18 euros para Non Federados e ten validez para o día da probra, non para as dúas probas”, citando de novo á FGM.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button