No mediodía deste sábado 8 de marzo, tal e como estaba previsto, celebrábase no Hotel Coia, a IX edición da Festa do Botelo do Barco en Vigo, á que asistían 210 persoas que degustaban un menú composto de sopa de cocido, empanada de maravallas, e botelo con chourizos, grelos e cachelos.
A bica, a torta de roxóns e os licores completaban o xantar acompañado de viños de Valdeorras, poñendo o broche unha actuación musical.
Entre os asistentes a esta edición da festa atopábase coma sempre o alcalde de Vigo, Abel Caballero. En representación do Concello asistiron o alcalde, Alfredo García, e a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta.
Fotos cedidas.