
Un erro na comunicación das cifras do escrutinio das pasadas eleccións do 28 de maio levaba que no Concello de Manzaneda se lle atribuísen 4 concelleiros ao PSdeG-PSOE e 3 ao PP. Tras os pertinentes trámites, onde ese resultado quedaba corrixido nunha acta final, sendo os resultados definitivos de 5 concelleiros para o partido socialista e de 2 para o PP. Estas eran as dúas única formacións políticas que concorrían aos comicios neste municipio.
Deste xeito, a candidatura liderada por Amable Fernández lograba a maioría absoluta.