Como consecuencia da caída de varias árbores sobre a coñecida como estrada do río nas Ermitas (O Bolo), esta vía está arestora pechada ao tráfico, tal e como veñen de anunciar dende o Concello e dende Protección Civil deste municipio.
“Poderase baixar pola estrada “longa” ata o río, pero non pasar para Manzaneda, para ir para Manzaneda será necesario pasar polo medio da localidade das Ermidas”, explican dende Protección Civil do Bolo.