ConcellosO BarcoÚltima hora

Cortada ao tráfico a rúa Real do Barco por desprendementos da parte lateral dun edificio

 

Dende o mediodía deste domingo 19 de setembro está cortada ao tráfico de vehículos a rúa Real do Barco debido a desprendementos da fachada lateral dun edificio. O corte está sinalizado pola Policía Local xa dende o cruce entre a rúa San Roque e a avenida Manuel Quiroga, que dá acceso ao casco vello da vila.

Tamén se sinalizou o entorno do edificio onde se produciu o desprendemento para evitar que se produzan danos persoais, xa que a rúa seguía aberta aos peóns. O tráfico restablecíase pola tarde, se ben o punto do desprendemento segue sinalizado e agora está vallado, co cal recoméndase precaución ao circular pola zona.

Artigos relacionados

Back to top button