ConcellosRubiáÚltima hora

Cortadas a N-120 e a estrada da Veiga de Cascallá polo incendio forestal que afecta ao concello de Rubiá

 

O lume continúa imparable polo municipio de Rubiá. Despois de desaloxar núcelos de poboación como A Veiga de Cascallá e Biobra, os axentes cortaban a todo tipo de vehículos dúas estradas ante a virulencia das chamas.

A Garda Civil de Tráfico cortaba a N-120 á altura do polígono industrial de Rubiá mentres que a Garda Civil cortaba a antiga estrada comarcal da Veiga de Cascallá.

 

 

Como consecuencia do corte da N-120 permanece cortado o acceso a Valdeorras polos túneis da Barosa, e están desviando o tráfico polo Puente de Domingo Flórez, dirección Sobradelo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button