A forte tormenta que descargaba esta tarde do Barco causaba problemas en diferentes puntos da vila. Así en apenas unha semana o acceso a esta localidade dende Veigamuíños volvía a cortarse ao estar inundado o paso subterráneo da vía de ferrocarril.

Tamén afectada pola chuvia resultaba a entrada á vila dende A Proba, cunha gran balsa de auga. O tráfico non está cortado, pero hai que circular con moita precaución. Nese punto atópanse os membros do GES Valdeorras, fotos en https://osil.info/unha-gran-balsa-de-auga-no-acceso-ao-barco-dende-a-proba/
Ademais producíanse incidencias nalgún baixo como o situado no número 66 da Avenida Conde Fenosa, que resultaba inundado. Os dous sumidoiros situados xunto a este local estaban atascados e eran incapaces de tragar a auga. O seu propietario afanábase en limpar e botar toda a auga fóra.
Había tamén casas afectadas. Así sucedía ao inicio da avenida do Bierzo onde entraba moita auga nunha casa, causando numerosos problemas.
Máis información e fotos:
https://osil.info/desprendementos-de-terra-en-entoma-e-danos-no-vinedo-pola-tormenta/





Fotos: Carlos G. Hervella/ agás as catro últimas da galería que son cedidas.