EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Desprendementos de terra en Éntoma e danos no viñedo pola tormenta

Tamén os efectos da forte tormenta desta tarde de 8 de xullo no Barco causaba problemas en Éntoma. Así á entrada desta localidade vindo dende O Barco producíase un desprendemento de terra e pedras que baixaba dende a ladeira de viñedo, cruzaba a estrada e mesmo se metía nas casas dalgúns veciños.

 

Pedra caída na tormenta./ Foto cedida.

 

O acceso está aberto xa que operarios da Deputación, que é titular deste vial, procedían á limpeza do mesmo.

Noutro punto de Éntoma tamén se caía parte dun muro debido a auga que non puido saír pola cuneta, segundo os veciños.

 

Tamén afectado resultaba o viñedo, debido á pedra, que rachaba as follas das vides e tamén danaba os seus froitos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:

https://osil.info/cortado-o-acceso-ao-barco-dende-veigamuinos-e-inundacions-en-locais-e-casas-consecuencias-da-tormenta/

https://osil.info/unha-gran-balsa-de-auga-no-acceso-ao-barco-dende-a-proba/

Artigos relacionados

Back to top button