A TeixeiraConcellosÚltima hora

Ferido un traballador ao caerlle enriba un muro, na Teixeira

 

No mediodía deste martes 4 de febreiro producíase un accidente laboral na Teixeira, no que resultaba ferido un traballador que tiña que ser trasladado logo de caerlle un muro enriba, tal como informan dende o 112 Galicia, indicando que “o ferido atopábase accesible logo do accidente”.

O 112 Galicia recibía o aviso contra as 12 horas e segundo os alertadores, “un home sufrira un accidente laboral ao caerlle un muro enriba en Lumeares, na rúa Ana Blanca, cando estaban desmontando unhas naves situadas na zona”. Decontado, os xestores informaban do ocorrido ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Castro Caldelas e á Garda Civil.

“Pese a que as urxencias sanitarias ían mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, finalmente non foi preciso e a vítima foi trasladada a bordo dunha ambulancia ata o hospital de referencia”, aseguran dende o 112.

Artigos relacionados

Back to top button