ConcellosO BarcoÚltima hora

Novo desprendemento na estrada de Santigoso (O Barco de Valdeorras)

 

Na noite do mércores 8 de xaneiro e tralas intensas chuvias rexistradas, producíase un novo desprendemento na OU-121, estrada de Santigoso (O Barco), que afectaba a boa parte da calzada impedindo a correcta circulación de vehículos.

Na mañá destes xoves operarios do Servizo de Conservación de Estradas traballaban para retirar o escombro nunha estrada que xa tivo que ser cortada en varias ocasións o ano pasado debido a derrubamentos do inestable talude.

 

Artigos relacionados

Back to top button