Segundo o previsto, na mañá deste xoves 19 de novembro restablecíase o tráfico na estrada N-120 entre os PP.KK. 455+000 e o 457+100 ao seu paso polo Barco de Valdeorra, cortado na xornada de onte polos traballos de reposición do taboleiro do paso superior sobre a N-120 no P.K. 455+996, levados a cabo polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible (Mitms).
Esta actuación, cun importe aproximado de 600 M€, ten por obxecto restituír a circulación a través deste paso superior sobre a estrada N-120, restrinxida tras os graves danos estruturais sufridos nunha das súas vigas a casusa do impacto dun vehículo articulado.
Co taboleiro xa colocado, o tráfico está aberto pero continúan as obras polo que está sendo regulado mediante semáforos.

Fotos cedidas.