OurenseÚltima hora

Creacións ourensás na pasarela Celebra

Expourense reúne máis de 5.000 persoas nas feiras de antigüidades e dos actos sociais

Con máis de 5.000 visitas clausuraba Expourense unha fin de semana completa coa celebración de dúas feiras no recinto: Celebra, o 15º Salón dos Actos Sociais, e a 1ª Feira de Antigüidades de Ourense.

No caso de Celebra, esta edición definiuse por “un marcado carácter creativo impulsado por emprendedores da provincia de Ourense en moda nupcial e de festa”, representados nos máis de 30 expositores presentes. Con todo, a pasarela Celebra foi un dos actos máis destacados do salón, que convocou a centos de persoas interesadas en coñecer as tendencias das firmas colaboradoras entre as que se encontraban Alvarino, Ana Barril e Noar Novias que presentaron deseños de coleccións de fabricación propia, acompañados por estilimos internacionais en perruquería e maquillaxe elaborados por París Diffusión. As xoias eran de Joyería Loyma e os ramos e decoración floral de Floristería Drácena.

Organizado pola Axencia Luena, o desfile estivo presentado polo xerente Manuel Varela e contou coa presenza de Miss Terra Galicia 2014, Elena dos Santos. As tendencias que se puideron observar para a próxima tempada en moda nupcial de vestidos de noiva foron o emprego de telas coma o tul ou o encaixe, as saias con moito vó ou moi axustadas, e os escotes pechados e adornados. En moda nupcial para home segue reinando o traxe negro pero esta tempada se levarán traxes entallados e semichaqués.

Artigos relacionados

Back to top button