Ademais de comida, bebida e artesanía a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico de Galicia e Norte de Portugal que se celebra esta fin de semana no Barco conta coma sempre con actividades complementarias para todos os públicos como obradoiros, música e catas.
Na tarde deste sábado 7 de setembro, de 18 a 21 horas, lévase a cabo o obradoiro “A Voltas co Barro” coa artesana ‘Ceniza de Papel’ creando unha peza de barro nun torno, por grupos de dúas persoas. Nestas imaxes e vídeo vemos aos dous primeiros cativos no taller. A pequena está aprendendo a facer unha boneca.
Mañá, de 18 a 21 horas, será o turno do obradoiro “Casiñas para paxaros” cos artesáns de Artesanía Enxebre de Valdeorras.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.