SanidadeÚltima hora

Cribado de 4.700 universitarios no Campus de Ourense nesta fin de semana

A mostraxe, mediante test de antíxenos, realizarase en horario de mañá, de 9 a 14.00 horas, este sábado 27, e de mañá e tarde o domingo 28, desde as 9 ás 14.00 e desde as 15 ás 20 horas

 

Coa volta ás clases presenciais nos centros universitarios a partir deste luns, 1 de marzo, o alumnado do Campus de Ourense poderá someterse a unha proba de detección da covid-19, antes de retomar as clases, para elo persoal de enfermería da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras realizará un cribado esta fin de semana, ao que están convocados, vía SMS, 4.700 estudiantes no Pavillón de Deportes do campus.

A mostraxe, mediante test de antíxenos, realizarase en horario de mañá, de 9 a 14.00 horas, este sábado 27, e de mañá e tarde o domingo 28, desde as 9 ás 14.00 e desde as 15 ás 20 horas. Os resultados coñeceranse ali mesmo, nuns quince minutos.

A proba será voluntaria, se ben as autoridades sanitarias solicitan aos alumnos e alumnas convocadas que participen, xa que os resultados serán de axuda no control da epidemia e para unha volta segura as clases presenciais.

Recoméndase asemade seguir as instrucións, en canto a horarios e medidas de protección e, por suposto, non facelo de estar en illamento por un diagnóstico positivo, posterior á convocatoria, ou gardando corentena á espera do resultado dunha proba.

A citación realizouse a través dunha mensaxe de SMS, sistema que permite unha convocatoria masiva nun tempo mínimo, inabordable vía telefónica. Ademais, a recepción da mensaxe, coa hora e lugar da cita, evita os posibles erros da transmisión oral, e serve de “salvoconducto” para pasar dun concello a outro, tendo en conta o peche perimetral dalgúns municipios.

Artigos relacionados

Back to top button