SanidadeÚltima hora

Cribado de Covid en Allariz o 13 de xaneiro na procura de asintomáticos

Publicidade
Foto: Mónica G. Bellver.

 

Ante o incremento de casos nos últimos días no concello de Allariz, que se sitúa nos 52 casos activos, persoal de enfermería da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras realizará un cribado aleatorio de 1.500 persoas, maiores de 18 anos, en Állariz, que se fará directamente na vila, o día 13 de xaneiro no pavillon municipal, a partir das 15.00 horas.

O cribado realizarase mediante recollida de mostras para PCR. As persoas seleccionadas, aleatoriamente, están a ser citadas desde hoxe, por medio dunha a mensaxe de SMS, na que se lle indica o lugar e hora da proba.

“O obxectivo desta mostra poboacional é detectar posibles casos positivos de Covid-19 asintomáticos, ou sen síntomas, e cortar así a cadea de contaxios, así como coñecer o grao de transmisión na vila”, segund Sanidade.

Estas probas, aclara a consellería, non se poden confundir coas indicadas aos contactos directos das persoas con diagnóstico confirmaso de Covid-19, que continúan realizándose por outra vía. Neste caso, trátase de facer probas a persoas sanas e sen síntomas, precisamente para obter unha imaxe da situación epidemiolóxica en Allariz, nun periodo determinado.

Os resultados coñeceranse os vindeiros días, notificándose os negativos vía SMS e os positivos directamente por parte do persoal médico de atención primaria de cada participante. Para elo, o Servizo Galego de Saúde lembra novamente a importancia de manter os datos de contacto actualizados e comprobar se se está dado de alta no sistema de mensaxería do Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button