ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Cribado de Covid para xoves de 16 a 35 anos no Pavillón de Calabagueiros, no Barco

 

Dende as tres e media da tarde e ata as oito deste mércores 14 de xullo estase realizando no Pavillón de Calabagueiros do Barco un cribado de Covid, co obxectivo de detectar casos positivos asintomáticos, para o que foron convocados 1.500 xoves de entre 16 e 35 anos.

O cribado estase realizando por medio de test antíxenos. Os resultados coñeceranse aos 15 minutos e posteriormente recibirán un SMS que o acredita.

Segundo os datos que traslada o Sergas, das persoas contaxiadas de Covid19 nesta onda, o 61,9 % son menores de 30 anos e o 78,4 % teñen menos de 40. “A distribución por tramos de idade é aínda máis clara: máis da metade dos casos corresponden a persoas que teñen entre 16 e 29 anos. Moitos son asintomáticos, pero poden contaxiar a enfermidade a maiores e persoas vulnerables. Por eso, é importante participar neste cribado, para poder alonxar o antes posible este virus”, aseguran dende o Concello do Barco que a día hoxe conta con 96 casos activos e dende o sábado pasará a nivel alto de restricións, tal como informou esta mañá o conselleiro de Sanidade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button