SanidadeÚltima hora

Cribado poboacional de Covid a uns 950 veciños de Sarreaus

Desenvolverase mañá martes e dará comezo ás 10 da mañá no polideportivo municipal da vila

Imaxe dun cribado realizado anteriormente na área sanitaria ourensá.

 

Os arredor de 950 veciños do municipio ourensán de Sarreaus están convocados pola Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras para participar nun cribado de coronavirus que se desenvolverá mañá martes e que dará comezo ás 10 da mañá no polideportivo municipal da vila.

“Este peneirado, ao que se convocou á case que a totalidade dos veciños do concello, excepto ás persoas que xa fixeron a proba nos últimos días por indicación clínica,realizarase mediante a recollida de mostras para PCR o que permitirá coñecer o grao detransmisión comunitaria, así como detectar posibles positivos a Covid-19 asintomáticos – ou sen síntomas- cortando así a cadea de contaxios”, segundo informa o Sergas.

Nestes momentos o municipio rexistra 19 casos activos, polo que Sanidade considera necesario a realización deste cribado preventivo. “Esta iniciativa non se pode confundir coas probas que se realizanaos contactos directos dos positivos a Covid-19. Neste caso, trátase de facer probas a persoas sas e sen síntomas, precisamente para obter unha imaxe da evolución epidemiolóxica, nun tempo e espazo determinado”, aclaran dende a consellería.

Para poder poñer en marcha o operativo de mañá martes 8 de decembro (é a terceira vezque se realiza un cribado desta magnitude fóra da contorna hospitalaria) mobilizarase un equipo formado por dez profesionais sanitarios, enfermeiras e TCAEs, que realizarán durante aproximadamente oito horas a toma de mostras, o seu rexistro e o posterior traslado ao Servizo de Microbioloxía, onde se analizarán.

Os resultados coñeceranse os vindeiros días, notificándose os negativos vía SMS e os positivos directamente por parte do persoal médico de atención primaria. Para iso, a dirección da Área Sanitaria lembra novamente a importancia de manter os datos de contacto actualizados e comprobar que se está dado de alta no sistema de mensaxería telefónica do Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button