SanidadeÚltima hora

Cribado poboacional de Covid nos concellos de Muíños e Vilamarín

Terá lugar mañá domingo e nesta proba, na que están citadas un total de 800 persoas, empregarase por vez primeira o test de antíxenos

Imaxe dun cribado anterior realizado na provincia de Ourense./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Ante o aumento de casos en distintos puntos da provincia tras o Nadal (incluso en núcleos poboacionais con reducido número de veciños e nos que se engade o risco da alta idade media) e co obxectivo de limitar a transmisión comunitaria detectando casos asintómaticos, a Xunta de de Galicia, a través dos equipos de enfermería da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco procederá mañá domingo a realizar un cribado selectivo aleatorio nos concellos de Muiños e Vilamarín, que por vez primeira realizarase empregando test de antíxenos.

Os participantes, ao redor de 360 en cada concello, están convocados a acudir este domingo a realizarse a proba, que comenzarán a partir das 8.30 horas, no Centro de Saúde de Muiños e no Auditorio Municipal en Vilamarín. “A principal vantaxe da proba elixida é poderá saberse no momento o resultado poñendo inmediatamente en illamento ós casos que se detecten e proceder con gran rapidez ao seguemento dos seus contactos”, segundo Sanidade.

A citación realizase, como é habitual, a través dunha mensaxe de SMS, na que se lle indica a hora e lugar ao que debe dirixir, ao teléfono que consta na ficha de cada usuario, polo que novamente o Servizo Galego de Saúde lembra a importancia de manter os datos de contacto actualizados, e comprobar se se está dado de alta no sistema de mensaxería telefónica do Sergas.

Na recollida de mostras participa o persoal de enfermería dos equipos de recollidad de mostras Covid, ademais do de enfermería de atención primaria de ambos concellos. A proba será voluntaria, pero as autoridades sanitarias instan a participar a todos e todas as veciñas convocadas, e a seguir as instrucións en canto a horarios e medidas de proteción.

“Estas mostraxes non se poden confundir coas indicadas aos contactos directos ou estreitos dos pacientes positivos a COVID-19, que continúan realizándose por outra vía. Neste caso, trátase de facer probas a persoas sanas e sen síntomas, precisamente para obter unha imaxe da evolución epidemiolóxica, nun tempo e espazo determinado”, aclara Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button