SanidadeÚltima hora

Cribado poboacional en Ribadavia mediante test de antíxenos

Terá lugar este venres, día 22, no edificio Alameda a partir das 15h, e nel están convocados 750 veciños

Publicidade

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de realizará un cribado poboacional selectivo aleatorio a 750 veciños e veciñas de Ribadavia para detectar casos positivos asintomáticos este venres, día 22, no edificio Alameda a partir das 15.00 horas, na procura de coñecer mellor a situación epidemiolóxica do municipio, onde se veñen incrementando os contaxios desde Nadal, con 54 casos positivos hoxe.

As persoas seleccionadas para a mostraxe, mediante test de antíxenos, serán convocados entre hoxe e mañá mediante unha mensaxe de SMS, na que se indicará a hora e lugar de realización da mostraxe, polo que novamente o Servizo Galego de Saúde lembra a importancia de manter os datos de contacto actualizados, comprobando que está dado de alta no sistema de mensaxería telefónica do Sergas. Igualmente prégase o apoio aos achegados de maior idade, ou dificultades coas novas tecnoloxías, para comprobar se reciben o SMS de invitación á mostra.

Como é habitual a proba será voluntaria, non si, as autoridades sanitarias solicitan a todos e todas as veciñas convocadas a participar, respectando seguindo as instrucións, en canto a horarios e medidas de protección, e por suposto, a non acudir en caso de non estar citados, estar en illamento por un diagnóstico positivo, posterior á convocatoria, ou se están en corentena á espera do resultado dunha proba.

Estas mostraxes non se deben confundir coas indicadas aos contactos directos ou estreitos dos pacientes positivos ao Covid-19, que continúan realizándose por outra vía. Neste caso, trátase de facer probas a persoas sanas e sen síntomas, precisamente para obter unha imaxe da evolución epidemiolóxica, nun tempo e espazo determinado, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button