OurenseÚltima hora

Cristina G. Colomo (Salvour) bate 4 récords de España no nacional máster de salvamento e socorrismo

Cristina G. Colomo nas probas de piscina.

 

Esta fin de semana celebrábase en Cantabria, en Camargo o sábado as probas de piscina e no Sardinero o domingo as probas de praia, a IX edición do campionato de España máster de salvamento e socorrismo no que participaron máis de 200 deportistas, entre eles a ourensá do Salvour Cristina García Colomo, como única representante da provincia de Ourense, que destacou cunha actuación impecable.

Na xornada do sábado Cristina batía 4 récords de España e proclamábasee campioa nas catro probas de piscina nas que participou, alcanzando o ouro en 100 metros natación obstáculos cun tempo de 01:23:76; en 100 metros remolque maniquí con aletas cun tempo de 01:37:90; en 50 metros remolque maniquí cun tempo de 00:54:03 ; e na proba de 100 metros socorrista cun tempo de 01:29:86.

 

As probas de praia disputábanse o domingo.

 

E o domingo na xornada de praia do Sardinero sumaba outros tres ouros como campioa de España nas probas de nadar surf, bandeiras e sprint. En total a súa participación sáldase con 7 medallas de ouro. Unha excelente actuación que indica o seu bo estado de forma de cara ao vindeiro campionato de mundo que se celebrará en Italia no mes de setembro.

O sábado 28 de maio tamén se celebraba en Ourense na piscina Pedro Escudero do Pavillón dos Remedios unha xornada de portas abertas con exhibición por parte do club e escola do Salvour onde se reuniron máis de 70 deportistas desde os 5 anos en diante que demostraron todo o que aprenderon neste curso 2021-2022 quedando tanto pais, como nenos e monitores encantados cos resultados.

 

Artigos relacionados

Back to top button