ConcellosÚltima hora

A Cruz Vermella e a Guardia Civil ensinarán aos maiores do Barco a previr roubos, timos e estafas

O 24 de maio terá lugar unha conferencia na vila valdeorresa e o día 19 haberá outra na capital da provincia
Curso en Viana.

Cada ano, miles de persoas son vítimas de timos, roubos e estafas. As persoas maiores, polo xeral, son o grupo máis vulnerable a este tipo de ataques, polo que unha das mellores maneiras de protexerse ante eles é a información e a concienciación sobre a importancia de protexerse como medida preventiva.

Por iso, a Cruz Vermella Española pon en marcha unha campaña que ten entre os seus obxectivos o de transmitir ás persoas maiores os consellos facilitados polos corpos e forzas de seguridade do, dun xeito áxil e distendido.

Nestes foros, dirixidos pola Guardia Civil e a Policía Nacional, poden coñecer aquelas “condutas de risco” máis habituais entre as persoas maiores, de cara a enfocar mellor as posteriores accións de información e concienciación, así como a identificar persoas cunha especial vulnerabilidade para ser vítimas de abusos, timos ou roubos, e incluso teñan sido os sintan que están a ser maltratadas.

As sesións tiveron lugar nalgunhas localidades da provincia, como Castro Caldelas, Maceda ou Laias. Proximamente terán lugar en Ourense, o venres 19 de maio ás 11:00 horas no Salón de Actos da Cruz Vermella e no Barco de Valdeorras o mércores 24 de maio, e en A Gudiña o 29 de xuño.

Artigos relacionados

Back to top button