ConcellosO BarcoÚltima hora

Cultos, música e cea popular nas festas de Santo Tirso en Veigamuíños (O Barco)

Celebraranse do 26 ao 28 de xaneiro e comezarán o venres coa cea popular

Procesión de Santo Tirso 2023./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Cun completo programa para todas as idades e gustos se presentan as festas na honra a Santo Tirso en Veigamuíños (O Barco) que se celebrarán na fin de semana do 26 ao 28 de xaneiro.

Unha vez máis será a cea popular, prevista para o venres a partir das 21 horas, a que marque o inicio dos festexos. Será baixo unha carpa con calefacción cun menú a base de chourizo cocido, panceta e lombo á plancha, bica e licor café. O prezo das entradas é de 10 euros e xa están á venda en Obike, A Horta de Fina e Mar, Maracuchos Bar, Bar O Chao e El Muro. Coa entrada participarase no sorteo dun xamón e en torno ás 23 horas pinchará Dj Argü.

O sábado será o día grande das festas patronais, con procesión ás 12 horas seguida da misa e sesión vermú coa orquestra Escaparate que tamén amenizará o baile en sesión de tarde e verbena, rematando xa de madrugada con Dj Argü.

O domingo a sesión vermú correrá a cargo da orquestra Alma Latina, que tamén amenizará a sesión de tarde. Ese día pola tarde tamén haberá colchonetas gratis para os nenos na mesma carpa da festa.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button