ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Cultos na honra a San Antón de Padua no Campo (O Barco de Valdeorras)

 

O Campo (O Barco de Valdeorras) é outro dos lugares nos que se celebra a festividade de San Antón de Padua cada 13 de xuño.

 

 

Neste 2024 non foi unha excepción e numerosas persoas dábanse cita na tarde dese xove no pavillón de Calabagueiros para celebrar esta festa relixiosa que comezaba cunha procesión no interior da instalación, na que se portaba a imaxe deste santo. A idea inicial era facer a procesión polo exterior pero poñíase a chover pouco antes das oito co cal a imaxe non saía.

 

 

Despois da procesión comezaba a misa oficiada polos párrocos de Rubiá e O Barco, Daniel Pérez e Jesús Álvarez, e cantada polo Coro de San Mauro.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button