ConcellosParada de SilÚltima hora

Cultos na honra a San Bieito no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Parada de Sil mantense fiel á tradición coa celebración da romaría, este ano con fortes medidas se seguridade sanitaria anticovid

 

Un ano máis, o segundo domingo de xullo (nesta ocasión o día 11) Parada de Sil vivía unha xornada de marcado carácter festivo coa celebración da romaría de San Bieito no entorno do mosteiro benedictino de Santa Cristina de Ribas de Sil. Unha tradición que os devotos do santo manteñen dende hai anos, aínda que nesta ocasión con fortes medidas de seguridade sanitaria anticovid (mascarilla, distancia social, aforo reducido,…).

Así, en torno ás 13 horas deste 11 de xullo, os veciños levaban a imaxe do santo en procesión pola contorna do mosteiro, unha fermosa paraxe entre castiñeiros e en plena Ribeira Sacra. De sguido, xa no interior do templo celebrábase a eucaristía coa participación da directora da Coral Aqua.

 

Gaiteiros na Romaría de San Bieito.

 

Como en cada edición non faltou a música, nesta ocasión a cargo dun grupo de gaiteiros que deron un pasarrúas polo pobo de parada, acompañando tamén no percorrido da procesión. O que non se celebrou este ano, debido á situación sanitaria que non acaba de normalizarse, foi o baile no pobo de Castro como adoitaba facerse, nin tampouco a puxa do galo, unha antiga tradición que se mantivo ata hai uns anos pero que pouco a pouco foi esmorecendo.

 

Durante a misa.

 

A novidade deste ano, tal como apunta o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, foi que o Concello puxo un autobús gratuíto dende Parada ata o mosteiro para “evitar problemas de tráfico, aparcamento e o mesmo tempo contribuír á descarbonización deste enclave único da Ribeira Sacra Ourensa”. Sinala o alcalde que o obxetivo é ter para o ano próximo un autobus eléctrico. “Estase a traballar niso”, asegura Aquilino.

Da boa marcha da celebración encargáronse coma sempre os voluntarios de Protección Civil de Parada de Sil cuxa participación é decisiva na organización do tráfico nos accesos ata o mosteiro, especialmente para guiar aos turistas que se achegan ata o templo.

 

Imaxe San Bieito na igrexa do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

 

En plena Ribeira Sacra ourensá e declarado BIC en 2008, o conxunto monumental e espiritual do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil está encravado nunha “espectacular e grandiosa paraxe a carón do río Sil, no souto de Merilán, por debaixo do monte Varona”, segundo a información do propio Concello de Parada de Sil. Un concello que, con Aquilino Domínguez á fronte, segue traballando para poñer en valor o mosteiro e todo o que representa, como parte da súa historia pero tamén como foco de atracción turística, aberto ao público de luns a domingo, de 11 a 14h. e de 16 a 19:30h. Con respecto ás entradas, a tarifa xeral individual custa 1 euro; de 20 a 39 personas, 15 euros; e 40 ou máis persoas, 30 euros. Dada a situación e pola seguridade dos visitantes controlan o aforo polo que é necesaria reserva previa na web: http://entradas.ribeirasacra.org.

 

Romaría de San Bieito en Santa Cristina de Ribas de Sil. /Foto cedida.

 

Fotos: Carlos G. Hevella expecto a última da galería que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button