En portadaÚltima hora

Cultos na honra a San Mauro, patrón da Policía Local do Barco, este mércores 15 de xaneiro

Imaxe de arquivo da procesión de San Mauro, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Como cada 15 de xaneiro dende hai anos, a Policía Local do Barco de Valdeorras volverá honrar ao seu patrón, San Mauro, con procesión, misa e pinchada.

Así, este mércores a imaxe do monxe benedictino sairá de novo polas rúas do casco antigo da localidade valdeorresa a ombros dalgúns dos municipais da vila, sendo custodiada polo resto do corpo de forzas de seguridade local, que encabezarán a comitiva da procesión de traxecto curto.

A procesión será ás 12 horas e uns dez minutos despois comezará a eucaristía presidida polo párroco Jesús Álvarez. E unha vez rematado o acto relixioso, como veñen facendo habitualmente, os municipais do Barco reunirase nun local do casco antigo da vila en torno a un aperitivo xunto a outros compañeiros do gremio e tamén coa corporación municipal. O ano pasado foi no Restaurante San Mauro.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button