A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Cultos na honra á Virxe do Carme en Vilela (A Rúa)

 

Tiveron festa durante a fin de semana con música, sesión vermú e actividades para os nenos, pero é hoxe cando a localidade ruesa de Vilela vive o día grande das festas na honra á Virxe do Carme.

 

No mediodía deste martes 16 de xullo, entre bombas de palenque e a música da Charanga Nova de Trives, saía a procesión coa imaxe da Virxe dende a capela de Vilela. Tras un longo percorrido polas rúas do pobo, a comitiva encabezada polo Virxe e o párroco José Fernández de Abajo e seguida por numerosos devotos regresaban ás inmediaciónds da capela para asistir á misa.

 

 

Trala eucaristía, a charanga amenizada a sesión vermú e tamén tocará pola tarde a partir das oito na praza da festa.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button