Un ano máis, dende a Concellería de Deportes do Barco de Valdeorras poñen en marcha a través dos centros escolares de Primaria da vila (Condesa de Fenosa, Divina Pastora, Julio Gurriarán e Otero Pedrayo), o programa “Perfeccionando a natación”, dirixido a escolares de 3º de Primaria.
Tal como informan dende Deportes, “ao chegaren a ese curso os cativos contan cun total de 8 sesións subvencionadas pola concellería para asistiren cos seus mestres de Educación Fisica e recibir da man dos monitores da piscina municipal climatizada, unhas clases de perfeccionamento”.
Tanto o Colexio Divina Pastora coma o Otero Pedrayo, pola súa ubicación máis lonxe da piscina, contan tamén co desprazamento en bus gratuíto.
A duración do cursillo será de tres meses, coincidindo co último trimestre escolar e nesta tempada están participando un total de 130 alumnos.