DeportesPiraguismoÚltima hora

Curso de adestradores de piragüismo en Ourense

Cedida.

 

Nesta fin de semana impartíase un curso de iniciadores de piragüismo no Hotel Novo Cándido de Ourense. Esta é a primeira titulación federativa á que se pode acceder e que habilita para ensinar a práctica do piragüismo, para todos aqueles que queren ser adestradores neste deporte, e cuxo labor nos clubs, empresas de lecer e de turismo activo son os cursos de iniciación, bautismos de piragüismo e actividades guiadas.

O curso, organizado pola Federación Galega de Piragüismo e a Escola Ourensá Municipal de Piragüismo, contaba cunha ducia de alumnos que para poder realizar esta formación debían ter máis de 16 anos e os estudos de ESO ou superiores, así como pasar unha proba de acceso. Os participantes procedían de distintos puntos da provincia de Ourense e Pontevedra e, unha vez emitido o título pola Real Federación Española de Piragüismo, poderán exercer o seu labor en distintos clubs e empresas de turismo activo de toda a Península.

Á inauguración desta acción formativa asistíau o directivo do club ourensán, Santiago Carvajal, que animou aos alumnos para seguir a formación neste deporte; ademais do delegado da federación na provincia José Manuel Fernández, que agradeceu a colaboración da Escola Ourensá Municipal de Piragüismo.

Artigos relacionados

Back to top button