EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Curso de cata “De tal uva tal viño”, na primeira fin de semana de outubro en Vilamartín

Esta iniciativa está promovida novamente pola Ruta do Viño de Valdeorras e será dirixida polo director técnico desta D.O.

Foto: Carlos G. Hervella.

A Ruta do Viño de Valdeorras organizará un curso de cata de uvas na primeira fin de semana de outubro en Vilamartín. Mediante esta iniciativa, eminentemente práctica, a entidade pretende facer chegar aos participantes os principais conceptos organolépticos e enolóxicos para a elaboración dos seus viños. Este levará a cabo o día 1 de outubro, cunha duración de 6 horas impartido en xornada partida, de mañá (11’00 a 14’30) e de tarde (17’30-20’00) no Complexo Hostaleiro Palladium (Villamartín). “Dado que nos atoparemos en plena actividade de vendima, isto facilitaranos ter uvas, mostos e viños para a súa análise e obter os datos necesarios para realizar o proxecto teórico do perfil de viño a elaborar”, explican dende a Ruta do Viño de Valdeorras.

O curso constará de dous apartados. A cata de uvas, mostos e viños brancos da D.O. Valdeorras: godello, jerez, doa branca, treixadura… e a cata de uvas e viños tintos da D.Ou. Valdeorras: mencia, garnacha tintorera, souson, brancellao…Entre os que se atopan os viños gañadores na XXI Cata Oficial dos viños de Valdeorras. Tamén contamos como en ocasións anteriores coa posibilidade de realizar na xornada do día 2 de outubro en horario de (11’30-14’00) a visita e cata aos viñedos de Éntoma e finalizar cunha comida ás 14:30 no Mesón Museo.

 

 

A actividade está dirixida polo director técnico do Consello Regulador de Valdeorras Jorge Mazaira. O custo de participación é de 30€ por persoa asistente ao curso e 28€ pola comida. Para poder participar é necesario reservar a través do número 604 07 87 53, ou enviar un mail a info@rutadelvinovaldeorras.com.

A todas aquelas persoas que asistan de fóra da comarca desde a Ruta do Viño de Valdeorras “estaremos encantados en poder aconsellarlle acerca da oferta de aloxamento e restauración que nosos asociados poden brindarlle”.

Artigos relacionados

Back to top button