EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Curso de cociña básica e restauración no CEIP Manuel Respino da Rúa

16 mulleres asisten ás clases que se imparten dende este luns e ata o venres 28 de setembro, de 17 a 20h.

Elaboración de marmeladas (de tomate, de peras con chocolate,…), de doce de membrillo, de kepchup caseiro, de salmón marinado,… Son algúns dos pratos elaborados polas asistentes ao curso de cociña básica e restauración que se está desenvolvendo nas instalacións do CEIP Manuel Respino da Rúa.

Guiadas por Maite Núñez, en total son 16 as alumnas que dende o luns 24 e ata o venres 28 de setembro asisten ás clases (de 17 a 20h.) organizadas pola Asociación GDR 7 Valdeorras, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020.

Tal como explica a profesora, o curso céntrase en nocións básicas de cociña (cocción, secado, marinado, conservación,…) aliñadas cos coñecementos de cada unha das asistentes. “Todas contribúen coas súas aportacións, porque saben máis do que pensan”, asegura Maite.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button