O vindeiro sábado 16 de febreiro o pavillón de Calabagueiros acollerá un curso de iniciación á escalada para mozos e mozas a partires de 8 anos, organizado polo Club Peña Trevinca Barco.
A actividade durará unha hora e media e estará coordinado por un monitor de escalada, para un máximo de 32 asistentes, distribuídos en 4 grupos de 8 persoas cada un. “Respectarase rigurosamente o orde de inscrición”, puntualizan dende a organización, adiantando que haberá dous grupos pola mañá para nenos, en horario de 10 a 13 horas; e outros dous grupos pola tarde para adultos en horario de 16 a 19 horas.
O custo do curso é de 5 euros para os menores de 18 anos e adultos que sexan socios do Club Peña Trevinca Barco; e de 8 euros para os maiores de idade que non sexan socios.