
“Manexo de maquinaria agrícola. Manexo práctico do tractor e os seus apeiros” é o título do curso que se impartirá do 19 ao 23 de outubro no Concello de Manzaneda. Está destinado a persoas “traballadoras maiores de idade, ocupadas ou desempregadas na actividade á que se dirixe o curso, e que teñan residencia de traballo actual ou anterior nalgún dos concellos incluídos nos plans de zona”, segundo a información da convocatoria.
O curso, cuxa inscrición é gratuíta, ten un número limitado de prazas: 15. Para inscribirse pódese enviar o formulario de reserva de prazas a través do correo electrónico desenvolvementorural.issga@xunta.es ou no fax. 986 787 224.
Esta acción formativa está promovida polo Concello de Manzaneda e pola Agrupacion de Voluntarios de Proteccion Civil deste mesmo municipio.