
O Concello do Barco organiza un curso de mecanografía, para todos os niveis e todas a idades. Comezará o 11 de outubro e ten previsto rematar o día 28. As clases desenvolveránse pola mañá, de 10 a 12 horas, todos os días laborables do período indicado. Neste curso cóntase con 16 prazas, que se adxudicarán por riguroso orde de inscrición. O curso impartirase na Aula Cemit do Barco.
As inscricións poden realizarse de diferentes xeitos:
-Presencialmente, na aula do CeMIT, situada no segundo andar do edificio multiusos do Concello do Barco.
-Escribindo un correo, co nome e o DNI ao mail cemit.obarco@xunta.gal
-Na páxina web https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/login?lang=es_ES, usando o nome de usuario e a contrasinal.