ConcellosO BarcoÚltima hora

Curso de Primeiros Auxilios no Barco de Valdeorras, da man de Cruz Vermella

Curso de Primeiros Auxiios de Cruz Vermella.

 

Saber como actuar ante unha situación de emerxencia pode ser vital. Por iso dende Cruz Vermella promoven a formación en primeiros auxilios para que todas as persoas saiban como responder ante estes casos.

A convocatoria para o curso deste ano é para os días 13, 20 e 27 de maio, e 3 e 10 de xuño en horario de 9 a 13 e de 15 a 19 horas na sede da Asemblea Comarcal Valdeorras (Casa do Río Cigüeño).

“Os Primeiros Auxilios son para todas as persoas, porque todas poden salvar vidas”, din dende Cruz Vermella, explicando que o curso terá unha duración de 40 horas lectivas e desenvolverase durante cinco sábados consecutivos para favorecer a conciliación laboral ou con outros estudos.

O temario inclúe o prendizaje da cadea de supervivencia, a reanimación cardiopulmonar básica en adultos, mobilidade e manexo urxente de vítimas, que facer ante a obstrución da vía aérea por un corpo estraño en adultos e nenos maiores de 1 ano, como tratar hemorraxias, queimaduras, traumatismos, picaduras e mordeduras de animais, que levar na caixa de primeiros auxilios…

A matriculación do curso pode facerse a través do seguinte enlace: https://www2.cruzroja.es/detalle-cursos/-/curso/695631

Artigos relacionados

Back to top button