CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Curso de procesamento de textos na Aula Cemit do Barco en marzo

 

A Aula Cemit do Concello do Barco ten previsto celebrar a partir da próxima semana un curso denominado “Procesador de Textos”, dirixido a persoas de calquera edade. O curso densenvolverase entre o 6 e o 24 de Marzo, de 12:00 a 13:00 horas.

O obxectivo do curso e o de car a coñecer e conseguir manexar as ferramentas que proporciona o procesador de texto para a creación, modificación e impresión de documentos de uso común hoxe en día.

Os interesados podense inscribir neste curso, que conta con prazas limitadas, a través do enlace: https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/actividades?execution=e2s2
As inscricións poden tamén realizarse na dirección de mail aula.informatica@concellodobarco.org, indicando nome completo, DNI e teléfono, ou de xeito presencial, na propia Aula Cemit, ubicada no segundo andar do Edificio Multiusos do Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button