
Os días 9 e 10 de maio, a aula da Uned na Rúa, acollerá un curso de extensión universitara sobre “as relacións laborais no sector público”, con 10 horas de duración e centrado en catro puntos: o intervencionalismo do poder público nas relacións laborais, marco constitucional e xurídico; a intervención pública na configuración das relacións laborais; o procedemento administrativo no despido e traslados colectivos; e o traballo no sector público no século XXI.
O programa comezará o venres 9 de maio ás 16h. coa intervención de Jesús Blanco, presidente do Colexio Provincial de Ourense de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local, e rematará o sábado ás 14h. tras unha mesa redonda sobre “o emprego público” que contará entre outros co alcalde do Barco Alfredo García, vicepresidente da FEGAMP.