EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Curso de viticultura sostible e ecolóxica con José Ramón Lissarrague, no Pazo do Castro (O Barco)

 

Un total de 24 persoas asisten na mañá deste sábado 26 de novembro a formación destinada ao sector vitivinícola en torno á viticultura sostible e ecolóxica, no Pazo do Castro (O Barco de Valdeorras).

A sesión, organizada por AEVA, está coordinada por José Ramón Lissarrague, enxeñeiro, profesor universitario e consultor, implicado en múltiples proxectos de investigación para a mellora da calidade, competitividade e sostibilidade do viñedo, acompañado de Ángel García Bamala, tamén enxeñeiro e investigador do mundo vitivinícola.

O curso comezaba ás 9 e estenderase ata as 14:30 horas e entre os temas abordados figuran os obxectivos, esixencias e normativa; o manexo do solo; nutrición e fertilización; e control de alteracións parasitarias en viticultura ecolóxica.

 

Artigos relacionados

Back to top button