ConcellosÚltima hora

Curso intensivo de monitores astronómicos Starlight, na Veiga

Esta acción formativa desenvolverase do 28 de setembro ao 3 de outubro e será impartida pola Fundación Starlight
Cartaz deste curso.
Cartaz deste curso.

Do 28 de setembro ao 3 de outubro A Veiga acollerá un curso intensivo de monitores astronómicos Starlight. Esta acción formativa, organizada polo Concello veigués e impartida dende a Fundación Starlight, desenvolverase na Biblioteca e Centro TIC deste municipio valdeorrés. Está dirixida a profesionais relacionados co turismo, o ocio e o tempo libre, así como a establecementos hoteleiros, astrónomos ou calquera interesado en xeral.

Serán seis días para abordar un programa no que se incluirán temas como a estrutura, evolución e situación do turismo actual, a historia da astronomía, a mecánica celeste, o sistema solar e os exoplanetas, o ceo estrelado como oportunidade de negocio, o universo local, a evolución estelar, didáctica da astronomía ou astroturismo, entre outros. Ademais das sesións teóricas, haberá partes prácticas.

O custe da inscrición será de 600 euros. Pode realizarse na Oficina de Turismo da Veiga e o prazo para anotarse rematará o 18 de setembro. Máis información no teléfono: 988 350 130.

Artigos relacionados

Back to top button