EconomíaEconomíaÚltima hora

Curso “Multiplicación do Colmear: a cría de raíñas” en Verín

Comezará a impartirse o 14 de abril e as sesións teóricas complementaranse cunha parte práctica na que os alumnos realizarán varias xornadas de visita a un colmear da zona
Imaxe dun colmear./ Foto: Carlos G. Hervella.

Realizar unha introdución á multiplicación e os mecanismos de reprodución nas colmeas e á produción de raíñas nai nas mesmas. É o obxectivo do curso “Multiplicación do Colmear: a cría de raíñas”, que comezará a impartirse en Verín o vindeiro sábado 14 de abril.

Estará organizado pola Agrupación Apícola de Galicia, en colaboración co Concello de Verín, e impartido por Javier Seijo, técnico da mesma. As sesións teóricas complementaranse cunha parte práctica na que os alumnos/as realizarán varias xornadas de visita a un colmear da zona, acompañados sempre por un técnico da asociación.

Os asistentes ao curso coñecerán “de primeira man temas como a morfoloxía da raíña, as matemáticas da reprodución do colmear e da abella ou os métodos de multiplicación, coa finalidade de dotarlles dos recursos técnicos suficientes, que lles permitan optimizar os seus colmeares, mellorar as colleitas e realizar unha mellora xenética de nais”, segundo se informa dende o Concello de Verín.

O curso, que ten prazas limitadas, constará dunha xornada teórica que será impartida o 14 de abril, de 10:00 a 14:00 horas, na Sala de Exposicións –Audiovisual- de Verín (Oficina de Turismo, na rúa Irmáns La Salle s/n); e unha parte práctica, que se distribuirá en cinco ou seis xornadas (os días programaranse dependendo da meteoroloxía) que terán lugar, ás 16:00 horas, nun apiario da zona.

Dende a organización tamén se matiza que “a parte práctica ten un custo de 5 euros para socios e 10 euros para non socios”. Para inscribirse ao taller ou ampliar información: oficina@planapicola.com ou Whatsapp 646788215.

 

Artigos relacionados

Back to top button