ConcellosO BarcoÚltima hora

Curso online “A miña É-saúde”, de Introdución á administración electrónica, no Barco

Aula Cemit do Barco./ Foto: A.R.

 

Dende o Concello do Barco vén de informarse da celebración do curso online “A miña É-saúde”, de Introdución á Administración electrónica. Celebrarase o 4 de outubro, de 18,00 a 20,00 horas. Este curso impartirase online a través da aplicación Zoom, e os interesados poderán seguilo desde a súa casa, o desde aula CeMIT, onde se activará tamén a videoconferencia para seguir esta formación.

Cóntase cun total de 20 prazas, e as inscricións poden realizarse de varias formas:
-De xeito presencial, na aula do CeMIT do edificio Multiusos do Concello do Barco (segundo andar).
-Escribindo ao seguinte correo electrónico: cemit.obarco@xunta.gal, indicando nome e DNI.
-No enlace https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/login?lang=gl_ES, co teu usuario e contrasinal.
Para aqueles que queiran seguir a formación desde a súa casa, este será o enlace:
https://us02web.zoom.us/j/81386589361

Artigos relacionados

Back to top button