DeportesÚltima hora

Curso para formar a novos xuíces de atletismo de Nivel I, no Barco

 

En setembro veñen de retomarse as clases do curso de xuíces de Nivel I que se iniciaba o pasado mes de xullo na Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo, no Barco, cuxa delegada de xuíces é Montserrat Barrio. Un total de 27 persoas están inscritas nesta acción formativa que inclúe sesións teóricas da man de diferentes docentes e tamén prácticas en pista.

O Comité Galego de Xuíces ten convocado o exame para obter o título de Xuíz de Nivel I o vindeiro 8 de outubro en dúas sedes: O Barco (onde se examinarán os inscritos en Valdeorras e Lugo) e en Santiago (resto de delegacións de Galicia).

Artigos relacionados

Back to top button