ConcellosÚltima hora

Curso sobre produción apícola sostible en Viana do Bolo

Iniciarase o vindeiro 14 de marzo, impartido por ASEFOGA, e terá unha duración de 30 horas, das cales 10 serán de carácter práctico
Imaxe dun dos cursos que se están impartindo.

Fomentar a produción e a diversificación de produtos apícolas sostibles é o obxectivo do curso “Produción apícola sostible”, que comezará a impartirse o día 14 de marzo no Concello de Viana do Bolo. Esta iniciativa, promovida dende a Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA), está enmarcada no programa Empleaverde e estase a desenvolver en Galicia e Estremadura.

O curso terá unha duración de 30 horas, das cales 10 serán de carácter práctico. Vai dirixido a persoas traballadoras en situación de activo e é gratuíto. Os interesados poden ampliar información ou inscribirse a través do enderezo electrónico dtor.tecnico@asefoga.org ou ben chamando ao teléfono 686 531 558.

Nestes momentos estase impartindo xa un curso deste tipo no Concello de Bande coa asistencia dunhas 20 persoas. E, tendo en conta a demanda detectada, tamén se valora organizar outro na zona de Xinzo de Limia. Dende ASEFOGA indícase que están abertos a impartir cursos tamén noutras zonas se existe interese por este tipo de formación.

O Programa Empleaaverde do Ministerio de Agricultura é a iniciativa da Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Empleo, Formación e Educación 2014-20.

Máis información:
http://asefoga.org

Artigos relacionados

Back to top button