DeportesMotociclismoÚltima horaVídeos

Curta pero intensa etapa na recta final do Dakar 2022

 

Pouco a pouco vai avanzando a edición 2022 do Dakar, a carreira polo deserto de Arabia Saudí na que o piloto monfortino Eduardo Iglesias, vai subindo posicións.

Na xornada deste martes 11 de xaneiro tocaba a etapa 9, a máis curta cun total de 490 km dos cales 297 eran de especial, pero tal como explican dende o equipo de Edu, non por ser curta foi menos intensa. “Houbo moitos tramos de pedras seguidos doutros de area en pistas rápidas pero sen grandes problemas de navegación, salvo na parte final da etapa tralo refueling“, din dende o Montorte Rally Team, asegurando que están contentos co ritmo de carreira.

 

 

No último tramo saltábanse un waypoint o que os penalizou 15 minutos baixando da P70 á P79 pero así e todo, Edu segue avanzando na xeral e xa é P82.

Agora entran na recta final do rallye quedando unicamente tres etapas nas que deberán conservar tanto a moto coma o físico para chegar ao obxectivo final: Jeddha.

 

 

Fotos e vídeos: Monforte Rallye Team.

Artigos relacionados

Back to top button