PolíticaÚltima hora

Daniel Barredo, novo coordinador provincial das Xuventudes Socialistas na provinciae Ourense

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) realizaron un Congreso Provincial Extraordinario na pasada a fin de semana co obxectivo de “artellar unha alternativa política dinámica na provincia”.

Daniel Barredo, coordinador provincial, reivindicou “o uso dunha linguaxe clara, que todo o mundo comprenda pero sen caer na demagoxia, conquistar o futuro, combatendo o escepticismo e o derrotismo entre a mocidade ourensá, lembrando sempre esa cita tan celebrada de Salvador Allende: ser mozo e non ser revolucionario é unha contradición ata biolóxica”.

O novo coordinador provincial naceu en Ourense no ano 2000, actualmente está preparando as oposición de profesor de Xeografía e Historia, tras cursar o Grao e Máster na Universidade de Vigo no Campus de Ourense.

Xurxo Doval, secretario xeral, alentou á agrupación provincial a “madurar as ideas dunha organización centenaria para conquerir a terra que a deixadez da inmadurez política do PP causou durante 3 décadas”.

Carmen R. Dacosta, deputada autonómica, alertou “dos graves retrocesos demográficos na provincia en Ourense, que afectan ao desemprego e á fenda laboral da mocidade, principalemnte, pola falta de iniciativas da Xunta”.

 

Artigos relacionados

Back to top button