As fortes rachas de vento que se rexistraban os pasados días causaban danos no municipio de Manzaneda, con caídas de farolas e doutros elementos como marquesiñas, que mobilizaban á súa agrupación de voluntarios de Protección Civil.
Tamén no veciño concello da Pobra de Trives o vento producía danos en farolas e caídas de ramas na estrada, entre outras incidencias, o que tamén obrigaba a intervir ao persoal do Concello e de Protección Civil deste municipio.